¿Por que Richarguer?
Si Richard Gere di que se sente galego, nós, que somos galegas, sentímonos Richarguer.
E non só compartimos con el o de atractivas, elegantes e carismáticas. Tamén os anos de experiencia currando en rodaxes.


%203.png)
%201_edited.png)
%202.png)

Somos Lume y Antía, dúas profesionais que sempre traballaron para social media: pensando, escribindo, gravando e publicando contidos. Miles de calendarios de social máis tarde, stories en premieres e rodaxes para marcas, unha pedra no camiño ensinounos que o noso destino era rodar e rodar.
E aquí estamos, listas para converternos nas social shooters Galicia-based que o teu proxecto necesita.
¿Que ofrecemos?
Sentido común, importante cando tes que sacar adiante as túas ideas sen molestar ao resto do equipo que está facendo 100 cousas á vez.
“Calle”, importante para tratar con talents, maquilladores, runners… O noso traballo é non dar problemas e atopar solucións.
Experiencia no sector, en axencias de publicidade e tamén como profesionais independentes para empresas de entretemento como Netflix ou Prime Video.
Posibilidade de viaxar a calquera lugar.
A oportunidade de poder dicir frases como: “Teño runión ás 4 con Richarguer”, “Richarguer xa enviou o presu” ou “Chegou Richarguer?”